Galicia aporta a cuarta parte do descenso do paro en toda España

Mér, 22/08/2018 - 08:30

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servicios Públicos de Emprego en Galicia baixou en xullo en 6.653 persoas respecto ao mes anterior, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo, Migración e Seguridade Social. É a cuarta parte do dato rexistrado en toda España.

Deste modo, Galicia foi a autonomía na que máis descendeu o paro en cifras absolutas no mes de xullo. En cifras relativas é a segunda con maior disminución, só superada por Cantabria (-5,87%). O total de desempregados quédase en 163.412. 

https://www.farodevigo.es/economia/2018/08/02/galicia-aporta-cuarta-parte-descenso/1938398.html