Galicia é a segunda comunidade na que máis baixa o paro no último ano e suma 12 meses con máis dun millón de afiliados

Mar, 03/03/2020 - 08:30

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou esta mañá dos datos de paro rexistrado en febreiro e explicou que o desemprego na evolución anual continúa baixando, mentres que as afiliacións seguen por riba do millón de cotizantes.

Deste xeito, Galicia pechou febreiro de 2020 con 7480 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -4,31% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos, xa que en febreiro de 2009 había 206.570 parados fronte aos 166.229 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en tres puntos á media estatal, situándose como a segunda Comunidade na que máis descende o desemprego en termos absolutos e a terceira en relativos.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/47672/galicia-segunda-comunidad-que-mas-baja-paro-ultimo-ano-suma-12-meses-con-mas?langId=es_ES