Galicia lidera por segundo mes a caída do paro cos contratos estivais

Ven, 12/09/2014 - 13:14
As cifras de paro evidencian, como no calendario e a meteoroloxía, que o verán está lonxe de terminar en Galicia. Mentres o desemprego aumentou un 0,18% no conxunto de España o mes pasado polo fin das contratacións ligadas ao turismo, a comunidade galega anotouse o maior descenso -porcentual e en termos absolutos- do país, con 3.340 parados menos que en xullo, a pesar de que as empresas asinaron menos contratos (un 21,3%) que en xullo. É o segundo mes consecutivo en que Galicia é a comunidade autónoma que máis reduce o desemprego e está entre o seis que viron caer a súa cifra de desocupados. Os sindicatos e os partidos galegos da oposición atribuíron este retroceso ao emprego eventual e a tempo parcial derivado da campaña de verán, con 1.300 parados menos no sector servizos, pero tamén ao desánimo dos desempregados que non cobran prestacións nin ven perspectivas de volver optar a un traballo e renuncian a inscribirse como demandantes de emprego. España pechou agosto con 4.427.930 parados, 8.070 máis que en xullo. Deles, 236.939 están inscritos en Galicia, que non presentaba unha cifra tan baixa desde setembro de 2011. Referencia: http://www.farodevigo.es/economia/2014/09/03/galicia-vuelve-liderar-agosto-caida/1086562.html