Galicia resiste a crise xerada pola covid-19 coa creación de emprego por cuarto mes consecutivo

Mar, 08/09/2020 - 08:30

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou esta mañá a evolución do paro rexistrado no mes de agosto –que sobe lixeiramente como ocorre coa media estatal–, así como os datos de afiliacións á Seguridade Social que volven medrar por cuarto mes consecutivo (entre maio e agosto) e permiten recuperar o emprego perdido nos meses de marzo e abril.

Así, se temos en conta as afiliacións medias, Galicia suma en agosto 7126 cotizantes máis (+0,71%) ata chegar a 1.012.794 afiliados, o que se traduce en 230 afiliacións ao día.
A Comunidade sitúase, deste xeito, como a segunda na que máis medran as afiliacións en termos absolutos. Trátase do cuarto mes consecutivo no que a Comunidade logra crear emprego, o que lle permite recuperar a totalidade do emprego perdido durante os meses de marzo e abril (+101,17%). Se a comparativa se realiza coas afiliacións do último día de mes, esta recuperación sitúase no 82,83% fronte ao 22,08% estatal, o que amosa a capacidade de reacción da nosa Comunidade.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51203/galicia-resiste-crisis-generada-por-covid-19-con-creacion-empleo-por-cuarto-mes