Galicia suma 131 concellos emprendedores tras a adhesión de Santiago de Compostela, Paderne, Cambre, Lalín e Taboadela

Lun, 13/01/2020 - 08:30

Galicia conta con 131 Concellos Emprendedores tras a incorporación dos municipios de Santiago de Compostela, Paderne e Cambre (na Coruña), Lalín (en Pontevedra) e Taboadela (en Ourense) que comparten coa Xunta a necesidade de levantar as barreiras ao investimento empresarial para estimular a actividade económica e facilitar os trámites administrativos.

Deste xeito, A Coruña conta con 33 concellos emprendedores, Lugo con 19, Ourense con 59 e Pontevedra con 20. Esta distinción -vinculada á Lei de implantación empresarial- supón apoiar a actividade industrial en Galicia con máis axilidade administrativa e bonificacións fiscais, apostando, deste xeito, polo crecemento económico da Comunidade galega e pola dinamización do tecido produtivo.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/46180/galicia-suma-131-ayuntamientos-emprendedores-tras-adhesion-santiago-compostela