Gonzalo Trenor traslada ao presidente da Confederación de Empresarios da Coruña a súa vontade de colaboración para seguir apoiando o tecido produtivo coruñés

Xov, 15/10/2020 - 08:30

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontela, para avaliar os diferentes proxectos que a entidade ten en marcha co obxectivo de potenciar o sector empresarial desta cidade e da súa área de influencia.

Así, Trenor trasladou a súa vontade como novo delegado da Xunta de seguir colaborando para lograr, coa suma de esforzos, poñer en valor todo o traballo que o tecido empresarial coruñés está facendo co apoio da Xunta para favorecer a chegada de novos proxectos industriais a Galicia. Así, o representante do Goberno autonómico salientou a importancia do traballo conxunto entre empresas e administracións para que a economía galega gañe en competitividade e consiga superar os difíciles momentos provocados pola crise do coronavirus.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/52177/gonzalo-trenor-traslada-presidente-confederacion-empresarios-coruna-voluntad