Lorenzana salienta que as axudas do segundo Plan de rescate poden solicitarse desde hoxe e que a primeira convocatoria beneficiou a mais de 33.000 negocios en toda Galicia

Lun, 22/02/2021 - 08:30

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe nunha xuntanza que mantivo co presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, que as axudas do segundo Plan de Rescate dirixidas a autónomos e microempresas, que contan cun orzamento de 60 millóns de euros, poden solicitarse desde hoxe e ata o próximo 18 de marzo. O martes publicarase a segunda liña de apoios, con 15 millóns, dirixida a establecementos hostaleiros e outros negocios pechados polas restricións sanitarias implantadas no mes de xaneiro para facer fronte á covid-19.

En global, a Xunta porá a disposición dos sectores máis afectados pola pandemia 75 millóns de euros que se suman aos 86,2 millóns do primeiro Plan. Lorenzana, deste xeito, indicou que o Goberno galego mobilizou en catro meses, máis de 161 millóns.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/55575/lorenzana-salienta-que-axudas-segundo-plan-rescate-poden-solicitarse-desde-hoxe