Xuño 2014

30/06/2014

Traballo está a destinar 4,5 millóns de euros en axudas para beneficiar a 1.500 autónomos menores de 30 anos

Os menores de 30 anos que se constitúan como autónomos en Galicia recibirán 1.200 euros sen necesidade de xustificar ningún tipo de investimento en activo fixo

27/06/2014

Traballo apoia o emprendemento da mocidade galega co Plan de Emprego Xuvenil dotado con preto de 100 millóns de euros

Dita iniciativa contempla actuacións específicas en materia de empredemento, tales como a promoción do emprego autónomo para menores de 30 anos ou do emprendemento cooperativo

27/06/2014

Benestar incrementará as axudas de emerxencia destinadas a cubrir necesidades básicas e a colaboración coa Federación de Bancos de Alimentos

Estas medidas complementan outras actuacións que xa se están levando a cabo en materia de inclusión

26/06/2014

Máis de 200 voluntarios participarán este verán na campaña de voluntariado ambiental contra incendios forestais

Os grupos estarán situados en Santiago norte, Santiago sur, Lalín, Curtis, Ribeira, Vilar de Barrio e Bóveda dende o 30 de xuño ata o 5 de setembro

24/06/2014

A Xunta destina 210.000 euros para apoiar ás empresas de inserción laboral na contratación de persoas en risco de exclusión social

Vai dirixida a persoas desempregadas nas que concorren factores de exclusión co obxecto de proporcionar formación, emprego e habilidades sociais e laborais ás persoas desfavorecidas e socialmente máis vulnerables

19/06/2014

Máis de 1.000 persoas beneficiaranse dos 12 programas integrados de emprego que se desenvolverán na provincia da Coruña

En total, serán 28 os concellos que participarán nestes programas, dos que cinco serán beneficiarios de xeito individual: A Coruña, Ferrol, Santiago, Arteixo e Sada

19/06/2014

Traballo concede 6 plans integrados á provincia de Pontevedra que beneficiarán a preto de 500 persoas

O área metropolitana de Vigo contará con tres plans integrados en Vigo, Redondela e Moaña