Xuño 2014

16/06/2014

Aprobado o listado definitivo dos 280 mozos e mozas que realizarán prácticas en 36 países do mundo

O programa Galeuropa, da Consellería de Traballo e Benestar, permite realizar prácticas non remuneradas en empresas en calquera país do mundo, agás España

16/06/2014

Mato destaca que o 75% do investimento do Plan de emprego xuvenil está destinado ao eixo da formación

A titular do departamento autonómico resaltou que a formación que financia a Xunta está orientada ás demandas reais do mercado laboral e sempre vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade

13/06/2014

Os autónomos galegos disporán de incentivos de ata 7.000 euros polas contratacións indefinidas que realicen

A orde, publicada no DOG, incentiva tanto a primeira contratación indefinida, como a segunda e a terceira, unha novidade que se introduciu o ano pasado e que se mantén neste exercicio

13/06/2014

Feijóo anuncia unha ampliación ata 4,1 millóns do orzamento para formación dual que permitirá a formalización de 750 contratos

Destaca que, por primeira vez, poderán beneficiarse destas axudas as entidades locais que realicen contratacións de formación e aprendizaxe

12/06/2014

Traballo inviste máis de 1,1 millóns de euros en fomentar a contratación de persoas con discapacidade

Os incentivos por cada contratación poden acadar un máximo duns 8.700 euros, en función da modalidade contractual e da persoa beneficiaria

12/06/2014

Xuventude oferta 55 prazas para mozos de entre 18 e 30 anos para realizar prácticas laborais non remuneradas en Europa

‘Europeizando Galicia’ inclúe 45 prazas de bolsas Leonardo da Vinci para a realización de prácticas en 6 países da Unión Europea a partir do mes de setembro

11/06/2014

Traballo apoia aos emprendedores como “imprescindibles para afrontar a saída da crise e iniciar o crecemento”

O departamento autonómico investiu máis de 122 millóns de euros ao longo dos últimos catro anos para apoiar a actividade de 18.000 autónomos e emprendedores con diferentes liñas de axudas

11/06/2014

A Xunta destina máis de 8,4 millóns de euros ás accións formativas para desempregados que se desenvolven na provincia de Ourense e na que participan preto de 2.200 persoas

A achega económica permitirá a celebración de 144 cursos na provincia. O 61 por cento do investimento destinarase a accións formativas impartidas na capital