Xullo 2014

24/07/2014

O DOG publica hoxe o decreto que permite aplicar a exención total da cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil

Desta actuación beneficiaranse as familias cunha renda pér cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais

24/07/2014

Traballo aposta polos emprendedores e autónomos destinando 25 millóns de euros ao ano en axudas para a creación de emprego

Destacou que o Plan de Emprego Xuvenil da Xunta, que está dotado con 100 millóns de euros, inclúe medidas específicas para o área do emprendemento

24/07/2014

Feijóo subliña que a Campaña de Verán de Galicia se converteu nun referente a nivel estatal acadando en 2014 preto de 8.300 prazas e un investimento de 2,3 millóns de euros

O presidente da Xunta sinala que este ano se ofertan 650 prazas nos campos de traballo: 400 delas en Galicia e as outras 250 repartidas entre campos de traballo noutras comunidades autónomas e noutros países

22/07/2014

Traballo destina 2,2 millóns a manter a rede de axentes de emprego e desenvolvemento local integrada por 258 traballadores

As subvencións están dirixidas aos concellos e a súa finalidade é reactivar, principalmente, a economía das zonas rurais

16/07/2014

A provincia de Lugo acolle o único e primeiro campamento con actividades en inglés da campaña de verán da Xunta

En total, a provincia de Lugo oferta un total de 1.875 prazas na campaña de verán

15/07/2014

Un total de 50 mozos e mozas participan no proxecto ‘Aval Xóvenes’ para a creación de novas oportunidades de emprego

O obxectivo desta estratexia é que os menores de 25 anos que rematen a súa educación formal ou estean desempregados reciban unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas nun prazo máximo de 4 meses