Marzo 2017
24/03/2017
RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 1 de xullo do 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal nas pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
22/03/2017
ORDE do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301V).
15/03/2017
ORDE do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2017.
09/03/2017
RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).
06/03/2017