O Comité de Expertos Económicos aposta por impulsar novas medidas para facilitar o financiamento das empresas

Xov, 14/05/2020 - 08:30

O Comité de Expertos Económicos de Galicia, en cuxa reunión participou esta tarde o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aposta por impulsar novas medidas para facilitar o financiamento das empresas no actual contexto económico a causa do COVID-19, reforzando a solvencia das compañías e o seu crecemento a través de diferentes instrumentos financeiros.

Segundo se avaliou no encontro, o papel da Administración debe ser especialmente activo para apoiar os procesos de adaptación dos actores económicos, promovendo instrumentos flexibles e que permitan captar fondos que lles aseguren capacidade suficiente para levalos a cabo. Tamén se fixo fincapé en que é estratéxico fortalecer o tamaño do tecido empresarial.

Entre outras propostas, apuntan á creación dun fondo galego de capital público e privado para investir en empresas afectadas polo COVID-19, a través de capital ou préstamos participativos; ou á ampliación da liña de avais do Estado canalizados polo Instituto de Crédito Oficial (ICO), habilitando un tramo específico destinado a operacións de reestruturación financeira.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48918/comite-expertos-economicos-aposta-por-impulsar-novas-medidas-para-facilitar-financiamento