O empleo indefinido segue en crecemento en Galicia

Ven, 21/03/2014 - 11:46
En primeiro lugar, cómpre dicir que a inspección laboral é unha competencia do Goberno do Estado e que a campaña de control sobre as contratacións temporais faise todos os anos coa finalidade de detectar posibles irregularidades nesta materia. Todas as medidas de control consensúanse en Galicia no seo dunha comisión territorial na que están representados a Xunta, a Inspección de Trabajo, os sindicatos e os empresarios. E grazas a estas actuacións detéctanse certas irregularidades en contratos eventuais. Os mecanismos de vixilancia e control existentes, polo tanto, funcionan, son efectivos e ademais están plenamente consensuados con todos os axentes sociais. Cómpre destacar tamén a aposta decidida da Xunta pola creación de emprego estable e de calidade. De acordo aos últimos datos do mes de febreiro, as contratacións indefinidas en Galicia seguen crecendo e supuxeron o 9,68% do total das novas contratacións fronte a un 8,72% que se rexistrou a nivel nacional. É dicir, case un punto máis que a media do Estado.