O noso traballo

De acordo cos seus propios estatutos, as actividades da Fundación veñen determinadas nos Plans de Actuación que se aproban para cada exercicio, de conformidade co establecido no artigo 39 da lei 12/2006 de 1 de decembro de fundacións de interese galego e co artigo 41 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego.

Así, o Plan de Actuación para o exercicio 2013 estableceu as seguintes actividades para desenvolver pola Fundación ao longo do ano:

  • Apoio técnico e xestión das solicitudes de axudas de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas ocupadas, presentadas ao amparo das convocatorias da Consellería de Traballo e Benestar.
  • Elaboración de Estudos, proxectos e Informes para a mellora da Formación para o Emprego.
  • Asesoramento técnico e difusión do sistema:
    • Orientación sobre as diferentes convocatorias de Plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas
    • Orientación sobre os procedementos así como sobre a aplicación de bonificacións na formación de demanda
    • Información sobre as convocatorias de acreditación de competencias adquiridas vía experiencia profesional ou procesos formativos non formais.
    • Calquera outra relacionada coas iniciativas da Formación para o Emprego