Dende FUNGATRA desenvólvese un servizo de Asesoramento que se encadra nas diferentes Iniciativas de Formación para o Emprego sendo a máis significativa a Formación de Oferta que comprende os Plans de Formación dirixidos prioritariamente a traballadores ocupados e as accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores desempregados co fin de ofrecerlles unha formación que lles capacite para o desempeño cualificado das profesións e o acceso ó emprego.
O asesoramento desenvolvido polo persoal técnico da FUNGATRA, céntrase principalmente en:
- Información sobre as diferentes convocatorias.
- Resolución de dúbidas en canto ós requisitos para poder acceder ás diferentes iniciativas.
- Orientación nos procedementos, así como sobre a Aplicación informática de bonificacións.
- Punto de información das convocatorias de acreditación das competencias adquiridas pola experiencia profesional ou polas vías de formación non formal.
- Calquera outra relacionada coas Iniciativas de Formación para o Emprego.
A Atención de consultas pode realizarse pola vía telefónica, escrita e persoal.
