Iniciativas de formación

FORMACION DE OFERTA

ACCIÓNS DE APOIO E ACOMPAÑAMENTO Á FORMACIÓN

O Real Decreto 395/2007, de 23 de marzo, regula as distintas iniciativas de formación que configuran o subsistema de formación profesional para o emprego, o seu réxime de funcionamento e financiamento e a súa estrutura organizativa e de participación institucional.

Son fins da formación profesional para o emprego:

  • Favorecer a formación ao longo da vida dos traballadores e traballadoras desempregados/as e ocupados/as, mellorando a súa capacitación profesional e desenvolvemento persoal.
  • Proporcionar os traballadores e traballadoras os coñecementos e as prácticas adecuados ás competencias profesionais requiridas no mercado de traballo e ás necesidades das empresas.
  • Contribuír á mellora da produtividade e competitividade das empresas.
  • Mellorar a empregabilidade dos traballadores e traballadoras, especialmente dos que teñen maiores dificultades de mantemento do emprego o da inserción laboral.
  • Promover que as competencias profesionais adquiridas polos traballadores e traballadoras tanto a través de procesos formativos (formais e non formais), como da experiencia laboral, sexan obxecto de acreditación.

A Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo presta apoio técnico á xestión das solicitudes de axudas presentadas ao amparo da Convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.
Este apoio técnico da Fundación abarca todas as fases da tramitación das convocatorias dos Plans de Formación, análise de solicitudes, seguimento da execución, xustificación de custos e liquidación