I XORNADAS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO DA FPGFT

“Un reto nos entornos económicos hostís.”

A Fundación Galega da Formación para o Traballo organiza as I Xornadas de Formación para o Emprego baixo o título: A Formación para o Emprego, Un Reto nos Entornos Económicos Hostís. Durante as xornadas, institucións, organismos , asociacións, empresas e expertos expuseron o seu punto de vista sobre a situación actual dende as súas diferentes perspectivas. Estas xornadas serviron, simultaneamente, de medio de difusión das Accións de Apoio e Acompañamento á Formación, convocatoria de 2009, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.