II XORNADAS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO DA FUNGATRA

“Marcando o rumbo.”

A Fundación Galega da Formación para o Traballo organizou as súas II Xornadas de Formación para o Emprego, que tiveron lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro de 2011.
Ao longo das xornadas, desenvolvéronse os relatorios que trataron a situación actual e propostas de futuro en materia de formación para o emprego. Nas mesas interviñeron representantes da Administración, das organizacións empresariais e sindicais, así como expertos nacionais e internacionais.
As xornadas serviron de plataforma para presentar os produtos finais das Accións de Apoio e Acompañamento á Formación, convocatoria 2010, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.