O programa da Xunta Talento Sénior impulsa a incorporación de 15 profesionais de alta cualificación a empresas e centros de coñecemento

Dom, 20/10/2019 - 08:30

Un total de 15 profesionais de alta cualificación vanse incorporar a 9 empresas e 6 organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos galegos grazas á resolución da segunda edición do programa Talento Sénior, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG). Con esta iniciativa, a Xunta impulsa a atracción e o retorno de investigadores doutores e tecnólogos de alta cualificación con traxectorias consolidadas para que participen en proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en Galicia.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), concedeu apoios por preto dun millón de euros, e así, as entidades beneficiarias contarán cun incentivo de 64.000 euros por cada persoa contratada.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/43951/programa-xunta-talento-senior-impulsa-incorporacion-15-profesionales-alta-cualificacion