O Programa Integrado da Xunta ‘Abadín, Vilalba e Mondoñedo facendo emprego’ formará a 100 persoas desempregadas no eido sociosanitario

Xov, 10/10/2019 - 08:30

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe en Mondoñedo aos participantes do Programa Integrado de Emprego Abadín, Vilalba e Mondoñedo facendo emprego. A iniciativa permitirá que un cento de persoas sen emprego reciban formación de calidade para facilitar a súa inserción sociolaboral. En concreto, entregáronse as certificacións da acción formativa relativa a atención sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, mentres que segue a celebrarse o módulo de transporte sanitario.

O programa integrado de emprego inclúe actividades de orientación e asesoramento individualizado, intermediación laboral e acompañamento na procura de emprego, obradoiros de motivación, así como formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas. O compromiso adquirido de inserción laboral mínima para esta iniciativa, que inclúe un programa formativo adaptado á demanda das empresas da contorna, é dun 35%.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/43630/programa-integrado-xunta-abadin-vilalba-mondonedo-facendo-emprego-formara-100