O Programa Integrado da Xunta 'Carbaemprega 2018' formará a 100 persoas desempregadas para facilitar a súa inserción sociolaboral

Xov, 03/10/2019 - 08:30

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe no Carballiño aos participantes do Programa Integrado de Emprego Carbaemprega 2018. A iniciativa permitirá que un cento de persoas sen emprego reciban formación de calidade para facilitar a súa inserción sociolaboral. En concreto, os alumnos recibirán información, orientación e asesoramento personalizado segundo as súas características, ademais de técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación.

Carbaemprega tamén inclúe actividades de orientación e asesoramento individualizado, intermediación laboral e acompañamento na procura de emprego, obradoiros de motivación, así como formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas. O compromiso adquirido de inserción laboral mínima para esta iniciativa, que inclúe un programa formativo adaptado á demanda das empresas da contorna, é dun 35%.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/43437/programa-integrado-xunta-carbaemprega-2018-formara-100-persoas-desempregadas