O programa integrado da Xunta 'Em-Prégate V' aposta pola inserción laboral de persoas con enfermidades mentais

Ven, 15/11/2019 - 08:30

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asistiu hoxe en Lugo ao acto de peche do programa integrado de emprego Em-prégate V, impulsado pola Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental (Feafes). A iniciativa estivo dirixida a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral de persoas con enfermidade mental traballadoras e en situación de desemprego.

O programa integrado de emprego incluíu un itinerario personalizado de inserción, flexible e adaptado ao usuario, así como medidas innovadoras e de conciliación e o uso de novas tecnoloxías. A formación estivo centrada en alfabetización dixital, busca activa de emprego, en atención ao cliente e comunicación, así como nun curso para a obtención do carné de manipulador.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44597/programa-integrado-xunta-pregate-apuesta-por-insercion-laboral-personas-con-enfermedades?langId=es_ES