O programa integrado Redondela VIII incrementará as oportunidades laborais de 100 persoas sen emprego

Xov, 07/02/2019 - 08:30

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou hoxe en Redondela aos alumnos e alumnas que están a formarse no Programa Integrado de Emprego (PIE) Redondela VIII, unha iniciativa cun ano de duración e cun obxectivo de inserción laboral que supera o 40%. A Consellería de Economía, Emprego e Industria financia ao 80% esta iniciativa, a través dunha axuda de 208.000 euros. En total, están a participar 100 persoas desempregadas, principalmente menores de 30, maiores de 45 anos e persoas con capacidades diferentes e/ou en risco de exclusión social.

Marnotes salientou o bo resultado dos programas integrados que teñen como reto principal incrementar as oportunidades laborais dos desempregados a través da formación, o asesoramento e as prácticas en empresas da contorna. Neste senso, sinalou a aposta da Administración autonómica por plans que combinen formación e prácticas dando resposta a un modelo de formación dual e flexible para acadar un emprego de calidade.

A través do Redondela VIII estase a ofrecer formación específica para desempeñar labores de carretilleiro, xestión de almacén, operario de produción, dependente de comercio, caixeiro de supermercado, guía turístico e limpeza industrial, entre outros. Tamén se imparte cualificación transversal en informática, manipulación de alimentos, prevención de riscos laborais e idiomas.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/37231/programa-integrado-redondela-viii-incrementara-las-oportunidades-laborales-100