O viveiro da Cámara de Santiago arranca 2018 con 45 empresas

Mar, 13/03/2018 - 08:30

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, en marcha dende 2006 no polígono de Costa Vella, está a pleno rendemento. Pechou 2017 con 45 empresas, 22 instaladas no viveiro físico  23 usuarias do viveiro virtual. Dende o seu nacemento en 2006, a incubadora albergou a máis de 170 empresas, mantendo ao longo desta década unha tasa de natalidade en torno ao 76 por cento.

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/vivero-camara-santiago-arranca-2018-45-empresas/idEdicion-2018-03-11/idNoticia-1104305/