Os 10 espazos coworking da Xunta e a EOI abren o prazo de inscrición para que máis de 200 emprendedores galegos accedan a formación e asesoramento

Mér, 30/10/2019 - 08:30

Máis de 200 emprendedores galegos poderán recibir formación e asesoramento gratuíto nos dez coworking que en datas próximas comezarán as actividades da súa nova convocatoria e para os que se vén de abrir o prazo de inscrición, que remata o 30 de novembro. A Consellería de Economía, Emprego e Industria reforza nesta edición a súa aposta polo emprendemento coa posta en marcha de tres novos espazos en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).

Así, xunto cos xa activos, estarán en funcionamento un total de 10 coworking que, cun orzamento dun millón de euros, facilitarán o desenvolvemento de máis de 200 iniciativas empresariais.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44293/10-espazos-coworking-xunta-eoi-abren-prazo-inscricion-para-que-mais-200-emprendedores