Os 23 emprendedores do coworking da Costa da Morte impulsan 20 proxectos vinculados ao sector TIC, á moda, ao turismo, á artesanía, á formación, á construción e á alimentación

Xov, 11/10/2018 - 08:30

A Escola de Vela de Cabana de Bergantiños acolleu hoxe a presentación dos proxectos impulsados na terceira edición do coworking impulsado polo Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do IGAPE, e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que se achegou formación e asesoramento para o desenvolvemento dun total de 20 iniciativas.

Os 23 emprendedores que desenvolveron os proxectos empresariais neste espazo coworking, no que recibiron asesoramento á medida sobre a posta en marcha das súas iniciativas, optaron por diferentes ámbitos de actividade, como os servizos tecnolóxicos apoiados nas TIC, o sector da moda, a construción de de vivendas modulares ou os servizos relacionados coa valorización de recursos do territorio, como turismo ou os produtos agroalimentarios.

O delegado territorial da Xunta destacou que “nas 3 convocatorias da Costa da Morte participaron un total de 62 emprendedores con 55 proxectos. Na actual edición, con 20 proxectos, un 80 % dos participantes xa iniciou a súa actividade como empresa”. Neste sentido, engadiu que o obxectivo destes espazos de emprendemento é “axudar a madurar e a pulir as ideas de negocio e procuramos darlles as claves para saír ao mercado con recursos e motivación”:

Esta aceleradora, na que nas dúas edicións anteriores se apoiaron 35 iniciativas emprendedoras, forma parte da rede de espazos creada pola Conselleira de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), a rede ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, contribuíndo á posta en marcha e consolidación de novas empresas no territorio.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/34212/los-23-emprendedores-del-coworking-costa-morte-impulsan-20-proyectos-vinculados