Ovidio Rodeiro clausura o obradoiro de emprego de Ordes que formou 20 alumnos en conservación de montes e repoboacións forestais e en tratamentos silvícolas

Lun, 05/08/2019 - 08:30

Un total de 20 alumnas e alumnos formáronse en Ordes nos últimos nove meses en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e en Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas, grazas a un obradoiro de emprego que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 317.000 euros. Os alumnos comezaron a formación teórica e práctica o pasado mes de outubro e concluíron esta mesma semana.

Ovidio Rodeiro visitou e comprobou o resultado práctico dalgún dos traballos do taller de emprego Brañas do Illó-Río Samo que contou con apoio da Xunta e coa colaboración dos concellos de Ordes, Frades e Mesía.

Os traballos prácticos das alumnas e alumnos consistiron en Ordes na repoboación forestal na área de esparcemento no parque empresarial de Merelle e en labores de mantemento, conservación e reforestación no Parque Félix Rodríguez de la Fuente, Rúa Nova, Praza do Campo da Feira, Colexio Castelao, Campomaior, na área de Adina, no campo da festa de Parada, no entorno da capela de San Pedro de Adrán, no entorno dos Marchás e no antigo campo de fútbol de Barbeiros.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/42054/ovidio-rodeiro-clausura-obradoiro-emprego-ordes-que-formou-20-alumnos-conservacion