Ovidio Rodeiro visita o obradoiro de emprego de Rianxo que formará a 15 alumnos en instalación de xeso laminado e falsos teitos

Mar, 26/11/2019 - 08:30

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá na apertura do obradoiro de emprego de Rianxo que oferta 15 prazas formación en Instalación de Placa de Xeso Laminado e Falsos Teitos. Este obradoiro de emprego conta cun orzamento de 252.000 euros. A parte práctica deste curso centrarase na reforma da primeira planta de Clínica Vella de Rianxo.

Os participantes neste taller de formación e emprego dual poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/45068/ovidio-rodeiro-visita-obradoiro-emprego-rianxo-que-formara-15-alumnos-instalacion?langId=gl_ES