Ponse en marcha o Plan de Emprego XUvenil 2014-2015.

Lun, 28/04/2014 - 12:27
A Xunta é consciente do problema de desemprego que afecta aos mozos galegos. Se collemos como referencia a taxa de desemprego da EPA do cuarto trimestre de 2013, o paro xuvenil en Galicia sitúase no 50,68%, máis de catro puntos por debaixo da media do Estado (55,06%). Precisamente por iso acabase de aprobar o Plan de Emprego Xuvenil 2014-2015, un plan transversal, dotado con 100 millóns de euros e co que se prevé beneficiar a 95.000 mozos galegos nos dous vindeiros anos. O plan inclúe 19 medidas que se porán en marcha este ano para mellorar a empregabilidade dos mozos pola vía da formación, a contratación e o emprendedurismo. Do total de medidas destacan especialmente seis: 1) Regulación de prácticas para mozos cualificados. 2) Atención preferente a mozos que nin estudan nin traballan. 3) Novos incentivos á contratación temporal de mozos que nin estudan nin traballan. 4) Formación de mozos desempregados de baixa cualificación en centros educativos. 5) Orde específica de apoio aos autónomos mozos. 6) Impulso ao cooperativismo xuvenil (Xuventude coop) Precisamente as dúas ordes que presentan enmárcanse dentro deste Plan de Emprego Xuvenil.