Preto de 50 empresas amosan interese en participar no proxecto para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador de xestión de tráfico aéreo

Mér, 12/02/2020 - 08:30

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presidiu hoxe a xornada técnica de presentación das instalacións e equipamentos do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) ás preto de 50 empresas que amosaron interese na consulta preliminar ao mercado promovida pola Xunta de Galicia e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) que ten por obxecto dotar dun simulador de xestión de tráfico aéreo U-Space ao Polo Aeroespacial de Galicia.

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) destacou que se trata dun dos “retos de futuro más importantes, nun dos ámbitos de traballo que vai xerar máis oportunidades e contribuír a aproveitar todo o potencial de desenvolvemento económico que teñen os vehículos non tripulados”.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/46986/preto-50-empresas-amosan-interese-participar-proxecto-para-dotar-polo-aeroespacial