A programación de cursos para persoas desempregadas bota a andar coa previsión de formar preto de 2500 na provincia

Mar, 30/10/2018 - 08:30

No último mes comezou a desenvolverse a programación de accións formativas para persoas desempregados que financia a Xunta na provincia, ás que poderán acceder 2430 persoas, e seguirán sumándose cursos nas vindeiras semanas ata completar os 162 previstos.

Con este motivo, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu hoxe unha reunión de coordinación á que asistiron representantes das 36 entidades que impartirán a formación, así como técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a xefa territorial, Pilar Fernández.

O obxectivo da xuntanza, segundo afirmou Balseiro, é “propiciar un achegamento para que a información sexa fluída e así poder acadar os obxectivos propostos polas dúas partes”. O alumnado pode solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/34845/programacion-cursos-para-persoas-desempregadas-bota-andar-coa-prevision-formar