Publicada hoxe no DOG a orde que permitirá aos concellos a contratación de socorristas e persoal de salvamento

Ven, 30/05/2014 - 10:31
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas que permitirá aos concellos a contratación de socorristas e persoal de salvamento. A convocatoria, que está dotada con 1 millón de euros de orzamento, é de concorrencia competitiva. As entidades beneficiarias poderán ser concellos, mancomunidades, consorcios locais, e entidades locais menores, sempre que dispoñan da capacidade técnica e de xestión suficiente. A contía da subvención será equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, das persoas contratadas, sempre de acordo co convenio colectivo vixente para cada posto. Estes importes máximos incrementaranse nun 15 por cento no caso de que as contratacións se realicen nun servizo solicitado conxuntamente. O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes a partir de mañá, aínda que a orde contempla expresamente a posibilidade de contratación anticipada, para facilitar que os concellos poidan ter o persoal que se subvenciona dispoñible de cara o verán. Polo tanto, as entidades locais poderán contratar aquelas persoas que sexa autorizadas pola respectiva xefatura territorial.