Rianxo, Carballo e O Son encabezan a baixada do paro costeiro en agosto

Ven, 12/09/2014 - 12:44
Os concellos de Rianxo, Carballo e Porto do Son encabezaron a nova caída do paro na zona costeira de Terras durante o pasado mes de agosto. O desemprego reduciuse en vintecinco dos 26 municipios nun total de 405 persoas e só Boiro rompeu a boa serie do mercado de traballo ao aumentar o seu número de parados. En canto aos sectores produtivos, a construción foi a actividade que máis emprego xerou na costa o pasado mes. Así, segundo a estatística mensual que publica a Consellería de Traballo, a zona costeira de Teras pechou agosto cun total de 18.670 parados fronte aos 19.075 que rexistraban as oficinas de emprego en xullo. A caída beneficiou máis aos homes, xa que máis de 300 abandonaron as listas do paro, na que están inscritos un total de 8.779 asalariados. Pola súa banda o desemprego feminino reduciuse en algo máis dun centenar de inscritas e hai rexistradas na costa 9.891 mulleres buscando un posto de traballo. Referencia: http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/rianxo-carballo-son-encabezan-bajada-paro-costero-agosto/idEdicion-2014-09-05/idNoticia-888040/