A terceira edición do coworking de Ferrolterra impulsará 22 novos proxectos empresariais que se suman aos máis de 40 apoiados ata agora

Xov, 12/04/2018 - 08:30

Comezou a desenvolverse a terceira edición do coworking de Ferrolterra onde os promotores de 22 iniciativas de emprendemento recibirán formación, asesoramento e titoría á medida das súas necesidades durante os próximos cinco meses para acelerar a posta en marcha de proxectos empresarias que se unirán aos máis de 40 acelerados ao abeiro das anteriores edicións.

Na apertura da terceira edición desta aceleradora localizada na sede do CIS Galicia da Axencia Galega de Innovación (Gain) participaron a directora da área de Centros de Gain, María José Mariño, e o subdirector de Emprendemento do Igape, Guillermo Viña. A aceleradora forma parte da rede de espazos coworking creada pola Conselleira de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI), para facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/29528/terceira-edicion-coworking-ferrolterra-impulsara-22-novos-proxectos-empresariais