A Xunta abre o prazo de inscrición das axudas para a formación e a divulgación da importancia estratéxica da industria forestal

Lun, 06/08/2018 - 08:30

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas para a organización de accións formativas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e innovación e o desenvolvemento sustentable. Trátase dunha iniciativa dotada con 300.000 euros, que supón a primeira medida que se pon en marcha no marco da Estratexia de formación da industria forestal. As axudas, que se poderán solicitar ata o próximo 3 de setembro, permitirán desenvolver 14 xornadas formativas e diferentes actuacións de divulgación que chegarán a máis de 600 persoas. A finalidade desta iniciativa é mellorar e reforzar as habilidades profesionais para incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor, así como colaborar coas asociacións do sector.

http://https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/32795/xunta-abre-prazo-inscricion-das-axudas-para-formacion-divulgacion-importancia