A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para a formación a desempregados na que inviste 44,3M€ para cualificar a 16.600 persoas

Ven, 30/04/2021 - 08:30

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria de axudas para a realización de cursos de formación para persoas desempregadas, unha iniciativa na que a Xunta vai investir preto de 44,3 millóns de euros, un 23% máis que o pasado ano para poñer a disposición de 16.600 galegos e galegas en situación de desemprego unha formación de calidade a través de máis de 1.100 cursos.

A actuación, en palabras da directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, permitirá incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas a través dunha oferta deseñada pola Consellería de Emprego e Igualdade que está adaptada ás necesidades do tecido empresarial e ao novo contexto xerado pola covid-19. Así mesmo, indicou que a iniciativa permitirá aos participantes acceder aos certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57623/xunta-abre-plazo-solicitud-las-ayudas-para-formacion-desempleados-que-invierte