A Xunta abre o prazo de solicitude para a formación de 80 aprendices no sector da artesanía galega

Lun, 12/03/2018 - 08:30

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar a orde de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para formar a 80 aprendices no sector da artesanía galega co obxectivo de impulsar o relevo xeracional neste ámbito. Trátase dun novo proxecto no que a Xunta inviste un millón de euros co obxectivo principal de orixinar procesos de transmisión das técnicas artesanais.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/28870/xunta-abre-plazo-solicitud-para-formacion-80-aprendices-sector-artesania-gallega