A Xunta activa apoios por 2 M€ para impulsar a contratación de 120 profesionais de I+D+i en empresas e organismos de investigación

Lun, 10/02/2020 - 08:30

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), as convocatorias dos programas Talento Sénior e Principia a través dos que se destinan máis de 2 millóns de euros á contratación de preto de 120 persoas en empresas e organismos de investigación. Promóvese así a atracción e retención de talento na Comunidade, e asegúrase unha capacitación integral dos profesionais especializados en I+D+i.

Talento Sénior

O programa Talento Sénior ten como obxectivo facilitar a incorporación de profesionais de alta cualificación con traxectorias consolidadas para que leven a cabo en Galicia proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas, organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos. Con esta iniciativa, que conta cun orzamento de 960.000 euros, prevese apoiar un total de 15 contratacións de persoal con máis de cinco anos de experiencia na área da I+D+i.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/46908/xunta-activa-apoyos-por-para-impulsar-contratacion-120-profesionales-idi-empresas