A Xunta apela á industrialización do rural galego a través de empresas como TMC Cancela que apostan pola dixitalización e a formación

Mar, 28/01/2020 - 08:30

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, realizou hoxe unha visita á empresa TMC Cancela, especializada en maquinaria agrícola e forestal, da que destacou que sexa un exemplo de industrialización do rural galego. A compañía, sita en Tordoia, conta cunha capacidade de produción que supera as 2.000 unidades ao ano

Conde eloxiou o compromiso da empresa por desenvolver estratexias de crecemento e de diversificación de mercados na procura dunha maior proxección internacional; unha estratexia supeditada á adopción de fórmulas baseadas na innovación e no modelo 4.0.

O titular de Economía, Emprego e Industria salientou a necesidade do tecido empresarial galego de adoptar este tipo de fórmulas para asegurar a súa competitividade nos mercados globais e o fortalecemento dos novos talentos galegos. Deste modo, o conselleiro chamou a investir en innovación e en formación como eixos de desenvolvemento, ofrecendo un produto diferenciado e contando con profesionais máis cualificados.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/46588/xunta-apela-industrializacion-rural-galego-traves-empresas-como-tmc-cancela-que