A Xunta apoia con 250.000 euros o programa de emprego promovido pola asociación de empresarios de hostalería que beneficiará a 100 desempregados lucenses

Lun, 26/11/2018 - 08:30

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 250.000 euros ao programa integrado de emprego DIMO IV, promovido pola Asociación de empresarios de hostalería de Lugo (Apehl) do que poderán beneficiarse 100 persoas desempregadas da provincia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do presidente e secretario desta entidade lucense, José Francisco Real Castro, presentaron esta iniciativa que combina unha fase de asesoramento e orientación profesional personalizada e outra posterior de formación e prácticas en empresas.

A iniciativa busca incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas, en particular, daqueles colectivos en situación de exclusión social ou risco de padecela, e tamén de persoas, con disposición para traballar, pero que se atopan con algunha dificultade engadida para atopar emprego, como pode ser a carencia de competencias persoais ou profesionais (formación)

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/35668/xunta-apoia-con-250-000-euros-programa-emprego-promovido-pola-asociacion-empresarios