A Xunta apoia con máis de 220.000 euros a contratación de 16 técnicos de emprego nos concellos da Coruña e comarca

Mar, 08/01/2019 - 08:30

A Xunta vén de resolver as axudas para apoiar nos concellos galegos e nas entidades sen ánimo de lucro a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio. A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste este ano máis de 220.000 euros para seguir impulsando a Rede de Técnicos de Emprego de na Coruña e comarca. Con esta iniciativa, apóiase a contratación e o mantemento de 16 axentes especializados na promoción do emprego. As axudas repartíronse entre todos os concellos que solicitaron este apoio: Oza-Cesuras e Coirós; Aranga, Irixoa e Vilarmaior; Sobrado, Toques e Curtis; Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Mesía, Paderne, A Coruña, Vilasantar, Abegondo, Bergondo e Miño.

O delegado territorial da Xunta apuntou que “o obxectivo desta actuación é contribuír á dinamización e xeración de novas actividades empresariais no ámbito local e rural e á inserción laboral de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social”. Neste último senso, tamén se concederon axudas para apoiar a contratación de 9 unidades de apoio.

Ovidio Rodeiro destacou que “A Coruña é provincia que contará cun maior número de axentes de emprego. En total, se contratarán 67 traballadores e se investirán máis de 774.000 euros”.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/36527/xunta-apoya-con-mas-220-000-euros-contratacion-16-tecnicos-empleo-los-ayuntamientos