A Xunta apoiou a contratación de 111 traballadores en empresas da comarca da Coruña a través do programa Galicia Emprega

Xov, 09/01/2020 - 08:30

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou a empresa Gen Arquitectos, unha das beneficiadas pola orden de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Galicia Emprega do 2019 e concretamente da liña Emprega Muller para contratar a 2 mozas cunha achega da Xunta de 16.000 euros en total para facer dous contratos indefinidos.

O representante do Goberno autonómico destacou que o Galicia Emprega, ten como obxectivo apoiar a formación e a contratación de persoas pertencentes aos colectivos con máis dificultade para obter un posto de traballo, como son mulleres desempregadas, parados de longa duración, mozos e persoas discapacitadas ou en risco de exclusión.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/46132/xunta-apoiou-contratacion-111-traballadores-empresas-comarca-coruna-traves-programa