A Xunta avanza en Lalín a apertura de prazo para solicitar os obradoiros duais de emprego, unha das medidas para contar cunha Galicia máis preparada

Xov, 23/01/2020 - 08:30

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, anunciou hoxe en Lalín que mañá abre o prazo de solicitude da terceira convocatoria do programa obradoiros duais de emprego, tras a súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). A iniciativa ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas participantes e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

A iniciativa conta cunha dotación de 23,2M€, o que supón un incremento do 10% con respecto ao ano pasado. A medida, un programa mixto de emprego e formación mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral, ten como obxectivo apoiar 66 proxectos e beneficiar a máis de 1400 persoas desempregadas.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/46435/xunta-avanza-lalin-apertura-prazo-para-solicitar-obradoiros-duais-emprego-unha