A Xunta convoca 67 axudas á etapa posdoutoral do persoal investigador en Galicia

Mar, 18/06/2019 - 08:30

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia Galega de Innovación (Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, acaban de convocar un total de 67 axudas á etapa posdoutoral do persoal investigador, que poderán desenvolver o seu labor en organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego.

Os interesados en acceder a estas axudas -ás que a Xunta de Galicia destina un orzamento de 8.667.800 €- poden consultar as bases da convocatoria no Diario Oficial de Galicia .

O obxecto do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/40662/xunta-convoca-67-axudas-etapa-posdoutoral-persoal-investigador-galicia?langId=gl_ES