A Xunta destaca o peso do emprendemento feminino no rural galego e a importancia da industria agroalimentaria

Lun, 18/05/2020 - 08:30

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta tarde o peso do emprendemento feminino no rural galego e a importancia e fortaleza da industria agroalimentaria da Comunidade, tras un novo encontro do programa Mulleres Protagonistas que se celebrou vía telemática con emprendedoras do rural galego.

Mulleres Protagonistas é un programa que naceu co obxectivo de reivindicar o papel crucial da muller no eido laboral e empresarial e, nesta ocasión, centrouse en compartir ideas sobre como abordar a nova situación derivada da crise sanitaria do Covid-19 e posibles medidas que se poderían poñer en marcha para darlle resposta.

Neste sentido, Conde destacou que máis do 57% da actividade emprendedora da Comunidade está liderada por mulleres, o que converte a Galicia na terceira do Estado cunha maior taxa de emprendemento feminino. Este crecemento reflíctese na diversidade de proxectos empresariais liderados por mulleres no rural galego. O conselleiro tamén puxo en valor a importancia e fortaleza da industria agroalimentaria galega que está tendo un importante papel nesta crise como actor clave dentro e fóra das nosas fronteiras.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48942/xunta-destaca-peso-del-emprendimiento-femenino-rural-gallego-importancia-industria