A Xunta destaca que o obradoiro ‘Mocidade da Mancomunidade de Verín IV’ permitirá formar e especializar a 16 persoas en atención sociosanitaria e froitocultura

Lun, 25/11/2019 - 08:30

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, destacou hoxe en Verín, durante a visita ao obradoiro Mocidade da Mancomunidade de Verín IV para menores de 30 anos organizado por este Concello, xunto cos de Monterrei, Cualedro, Castrelo, Oímbra, Vilardevós e Laza, a importancia deste tipo de programas de formación e emprego porque grazas á súa especialización e á formación flexible e á carta que ofrecen están contribuíndo a ter unha Galicia preparada con traballadores máis cualificados.

Na iniciativa participan un total de 16 alumnos que reciben cualificación nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións e en froitocultura, e que poñerán en práctica os coñecementos adquiridos realizando actuacións de atención e tamén traballos de preparación da terra, ademais de plantación de árbores e control de pragas.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/45061/xunta-destaca-que-obradoiro-mocidade-mancomunidade-verin-permitira-formar-especializar