A Xunta destinou en Lugo 2,5 millóns de euros nos últimos meses a impulsar a creación e consolidación de emprego autónomo

Mar, 19/11/2019 - 08:30

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou este ano 2,5 millóns de euros aos traballadores autónomos de Lugo para impulsar ou consolidar 825 postos de traballo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, realizou un balance dos programas de emprego especificamente dirixidos a este colectivo, e subliñou que practicamente o 59% das axudas foron destinadas a incentivar nos últimos meses 384 novas altas de traballadores, no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia. Suman un importe global concedido de 1.498.000 euros.

O 38% das achegas foron para accións de mellora da competitividade por parte de 421 autónomos que xa estaban en activo. As axudas para o chamado “Bono autónomo” suman 961.400 euros na provincia, e están destinadas a accións de mellora da empresa, como a elaboración de plans estratéxicos de negocio, de comunicación e de márketing, reforma de instalacións, compra de maquinaria e equipamento en xeral, entre outros.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44844/xunta-destinou-lugo-2-5-millons-euros-nos-ultimos-meses-impulsar-creacion-consolidacion?langId=gl_ES