A Xunta detecta nichos de emprego en atención sanitaria, limpeza industrial, xestión de chamadas, loxística, educación, industria farmacéutica e empresas TIC

Mar, 12/01/2021 - 08:30

A Consellería de Emprego e Igualdade, vén de detectar que, ao albur da crise sanitaria, existen actividades que precisan de traballadores especializados e nas que o mercado laboral se mostra máis activo. Entre estes nichos de emprego, a Xunta ve oportunidades en áreas relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á sanidade, ao comercio electrónico, ás cadeas de montaxe industrial e á ciberseguridade. A educación, a atención domiciliaria da dependencia e a loxística ou a consultoría informática se consolidan tamén como nichos de emprego a pesares da crise sanitaria, que está a repercutir de xeito negativo noutros sectores da economía galega vencellados co comercio, o turismo ou a hostalaría.

A situación de nova normalidade fixo que unha ducia de sectores estean a demandar perfís de traballadores e incrementaron nos últimos meses de ano as cifras de afiliacións á Seguridade Social con respecto a 2019. Trátase das actividades sanitarias, emprego público, educación, sector automobilístico, limpeza industrial e de edificios, actividades administrativas na xestión de chamadas, TICs, dependencia, telecomunicacións, servizos técnicos de enxeñaría, loxística e distribución e da industria farmacéutica.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/54513/xunta-detecta-nichos-empleo-atencion-sanitaria-limpieza-industrial-gestion-llamadas?langId=es_ES