A Xunta enxalza o carácter integrador da formación para o emprego e os apoios ao emprendemento no acompañamento á poboación galega retornada

Mér, 17/02/2021 - 08:30

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha xuntanza co secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, cara a avanzar nas medidas que favorezan a inserción laboral dos galegos retornados. Ambos os dous representantes autonómicos subliñaron a efectividade demostrada dos programas de emprego nos que se incorporaron as medidas da Estratexia Retorno polo seu carácter integrador.

A Xunta está a desenvolver esta estratexia que busca, con carácter transversal, atraer ás galegas e galegos residentes no exterior -tanto ás persoas emigrantes como ós seus descendentes- e procurarlles unha cobertura integral das súas necesidades.

Entre estas medidas, búscase facilitar a integración laboral, aspecto para o que resulta fundamental, tal e como subliñou a conselleira de Emprego e Igualdade, “facilitar instrumentos de atracción profesional para a poboación galega residente no exterior; facilitar a súa participación nos programas de inserción sociolaboral ou reforzar a capacitación nas habilidades que demanda o mercado”.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/55420/xunta-ensalza-caracter-integrador-formacion-para-empleo-los-apoyos-emprendimiento