A Xunta impartirá catro obradoiros en Outes, Porto do Son, Ribeira e Rianxo para formar a 71 alumnos cun investimento de máis de 1,4M€

Mér, 18/11/2020 - 08:30

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá no acto de apertura do obradoiro xuvenil de Ribeira,. En total, formaranse a 15 alumnos en operacións básicas de Cociña que contou cunha achega da Xunta de máis de 346.000 euros.

O representante da Xunta na Coruña destacou que na comarca de Barbanza está prevista a realización de catro obradoiros dous ordinarios duais e dous de garantía xuvenil, concretamente os ordinarios celebrarase en Serra de Outes compartido con Lousame e Noia e en Porto do Son compartido con Ribeira e os de Garantía Xuvenil nos concellos de Ribeira e Rianxo. A Xunta achega máis 1,4 millóns de uros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes.

Os curso de Serra de Outes formará a 20 alumnos en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, o de Porto de Son a outros 20 desempregados en Carpintería e Moble e en actividades auxiliares en conservación e mellora de mobles o de garantía xuvenil en Ribeira forma a 15 alumnos en operacións básicas de cociña e o de Rianxo a 16 desempregados en confección e publicación de páxinas web.

Trenor destacou que os obradoiros están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Os obradoiros duais dan a opción aos alumnos a un contrato de traballo nunha empresa da zona durante un mínimo de tres meses.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/53142/xunta-impartira-catro-obradoiros-outes-porto-son-ribeira-rianxo-para-formar-71